Este domingo remata a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coa entrega de premios que terá lugar no Auditorio de Baio

05/27/2022

V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Zas, chega este domingo ao seu fin co acto de entrega de premios que terá lugar a partir das 18:00 horas no Auditorio de Baio.

En total repartiranse 3.500 euros en premios que se distribuirán da seguinte maneira: 

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

 

No mesmo acto tamén se clausurará a tempada 2021-2022 da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas coa representación de diversas obras de teatro.