Brandomil
Brandomil (San Pedro) (+info ampliada) Actualiz. 19/01/2017
POBOACIÓN (2016)
- Brandomil 40
- Acalabanda 5
- A Lagoa 14
- Limideiro 40
- Padreiro 22
- Pudenza 103
- Quintáns 22
- Total: 246 persoas
Con nome de orixe celta (case con seguridade segundo os últimos estudos) e situada ao sueste do concello, á beira do río Xallas, confórmana os lugares de Acalabanda, Brandomil, A Lagoa, Limideiro, Padreiro, Pudenza e Quintáns.
Con 246 habitantes en 2016, conta con xacementos arqueolóxicos de gran relevancia entre os que destacan: varios castros, a Ponte Vella situada sobre o río Xallas (que probablemente data do século XVI, aínda que sobre unha base romana) e unha posible vía romana que iría entre Brandomil e Brigantium (A Coruña) xunto cun asentamento tamén desta época situado baixo o actual lugar de Brandomil e no cal se atoparon numerosos elementos arquitectónicos (reutilizados pola veciñanza para as súas construcións) ademais de numerosos gravados, restos cerámicos, vidros e pezas metálicas.
O período de ocupación, parece que foi prolongado: os vestixios romanos van do séc. I ao IV, pero o abano podería ser máis amplo.
Tras as prospeccións e escavacións que se levaron a cabo en 2007 por Naveiro López revalorizouse en gran medida a relevancia histórica do xacemento, converténdose nun dos máis importantes da provincia da Coruña, tras a propia Coruña, Iria/Padrón e Ciadella (Naveiro, 2008).
A aldea de Brandomil serviu ao poeta galego Eduardo Pondal para poñerlle nome ao heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos.
FESTAS:
- Segundo domingo de xuño, San Antonio
- 29 de xuño, o patrón San Pedro e San Paulo
- 30 de xuño, o Sacramento
- 29 de setembro, San Miguel
Descargas
- DATOS ACTUALIZADOS DA POBOACION DE BRANDOÑAS A 1 DE XANEIRO DE 2016
- AQUÍ PODES CONSULTAR INFORMACIÓN MÁIS AMPLIADA DE BRANDOMIL (Actualiz. 19/01/2017)
- O itinerario da Vía XX Segundo Caamaño/Naveiro (1992): mapa da autoría de Roberto Mouzo Lavandeira n´A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte; Edicións Xerais, 2010
- As vías XIX e XX e camiños comarcais, mansións e asentamentos romanos na costa noroccidental de Galicia (Pérez Losada; 2002:298)
- Vías e distribución das vías e achados romanos en Brandomil en 2002 (Pérez Losada; 2002:293)
- Límites da prospección intensiva de Juan Naveiro en Brandoml (proxecto Vías Atlánticas 2007)
- Presenza da ponte vella de Brandomil no mapa Descripción del Reyno de Galizia (F. Fer Ojea, Anveres 1598)
- A ponte e os camiños de Brandomil na Carta Geométrica de Galicia de D. Fontán (1834)
- A ponte de Brandomil en Los caminos medievales de Galicia (Ferreira Priegue;1988)
- Mapa de Urgorri Casado (1969-70) no que se reconstrúe o itinerario de Erich Lassota de Steblovo (1580-84)
- X.Mª Lema (1990): Indicios dunha posible ruta xacobea pola Terra de Soneira