Inicio » Ayuntamiento » Presentación

Zas

Está situado na zona central da Costa da Morte e linda cos municipios de Cabana de Bergantiños ao norte; Coristanco e Santa Comba ao leste; Mazaricos ao sur e Vimianzo e Laxe ao oeste.

É un territorio de forma moi alongada na dirección norte-sur, onde destaca a altura do Pico de Meda.

Conta cun total de 16 parroquias, as do norte situadas ao longo do río Grande, e as do sur, situadas ao lado do Xallas.

Conta con tres núcleos urbanos destacados, que son Baio, Zas e Brandomil.

Somos un concello eminentemente agrícola e gandeiro, aínda que tamén hai unha poboación adicada á industria, ao comercio e á hostalaría, concentrada, sobre todo, en Baio.