PEL – PLAN DE EMPREGO LOCAL 2021
A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL 2021 coas seguintes liñas:
- LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables
- LIÑA PEL AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña
- LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
- LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
As bases das axudas PEL 2021 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 37 de 25.02.2021 ou premendo na seguinte ligazón:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/25/2021_0000001405.pdf
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 11 DE MARZO ATA O 15 DE ABRIL DE 2021 ÁS 14:00 HORAS.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal)
Na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.