Inicio » Emprego » Axudas e subvencións » Outras axudas e subvencións

Outras axudas e subvencións

  • Emprendedores: autoemprego e economía social
  • Empresas en xeral
  • Contratación
  • Hostalería e turismo
  •  Comercio
  • Asociacións
  • Rehabilitación de vivenda
  • Outras axudas
  • Boletín Informativo

 

ANO 2020

AXUDAS DO PROGRAMA PEL REACTIVA 2020 DIRIXIDAS A AUTÓNOMOS/AS E MICROEMPRESAS AFECTADAS POLA COVID19

  • Data de publicación: 7 de novembro de 2020. O programa PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña, ten como finalidade impulsar a actividade económica e o emprego entre os/as autónomos/as e microempresas do noso municipio afectadas pola Covid-19 financiando unha parte dos seus gastos correntes. O Concello de Zas destina 22.252,46€ dos seus fondos propios a estas axudas que, xunto cos 89.009,81€ que recibirá do Fondo de Financiamento da Deputación da Coruña, fan un total de 111.262,27€. Máis información: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/1074/n
  •  

1ª LIÑA DE AXUDAS DO CONCELLO DE ZAS PARA AUTÓNOMOS/AS E MICROEMPRESAS

  • Data de publicación: 21 de setembro de 2020. O Concello de Zas outorga de forma directa unha axuda de 1.000€ a aqueles autónomos/as e microempresas do noso municipio que se viron obrigados/as a pechar e cesar a súa actividade tras a declaración do estado de alarma ou que tendo que obrigatoriamente estar abertos, tiveran unha caída dos seus ingresos superior ao 75%. Máis información: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/1064/n

PROGRAMA CHEQUE AUTÓNOMO SEGUIMOS ADIANTE

  • Data de publicación: 6 de xullo de 2020. O programa Cheque Autónomo Seguimos Adiante ten por obxecto convocar a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19. Podes ver os gastos subvencionables e os prazos de solicitude na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342B&anno=2020&numpub=1&lang=gl

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA

  • Data de publicación: 6 de xullo de 2020. O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais
    promovidos por mulleres. Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI429A

AXUDAS PARA A MOCIDADE

    1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
    2. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
    3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
    4. Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.Data de publicación: DOG 09/03/2020 no que se publica a Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

      O prazo para solicitar estas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito orzamentario, estará aberto desde o 10/03/2020 ata o 31/07/2020.

      Gasto subvencionable e contía da axuda: O gasto subvencionable é a suma global (importe a tanto global) de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

      O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.

      O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.  

      Requisitos: Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

    Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A

 

AXUDAS PARA EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

  • Data de publicación: DOG 28/01/2020. Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións,Procedementos MR404A, MR405A e MR405B).

 

AXUDAS PARA ENTIDADES

 

  • NOTAS:
    – O prazo de presentación destas axudas está pedendente de publicar, e dererminarase no anuncio de publicación da convocatoria destos programas nao BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.
    – As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Depùtación da Coruna, a través da plataforma SUBTEL.
    – Informamos a veciñanza que no Concello de Zas terán unha persoa á súa disposición para axudar a tramitar electrónicamente estas axudas. Para iso hai que inscribirse e unha vez inscrito comunicarase o día que esa persoa estará no concello para atender as dúbidas relacionadas coa tramitación electrónica da plataforma Subtel e coa sede electrónica.

 

AXUDAS PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (Aberto o prazo de presentación de solicitudes dende o 20/02/2020 ata as 14:00 horas do 24 de marzo de 2020). Máis información: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/12/2020_0000000963.pdf.

 

 

 

 

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN