Zas no Entroido 2020
Zas no Entroido 2020
Un ano máis, en Zas disfrutamos a tope do entroido! As festas arrincaron o venres 21 de febreiro co desfile de disfraces que fixeron os alumnos e alumnas dos nosos centros educativos polas principais rúas de Baio e de Zas. E como vén sendo habitual, o Concello de Zas – a través do departamento de Cultura – organizou un programa de actividades para estes días dirixido principalmente aos máis novos da casa. Entre estas actividades houbo os obradoiros infantís de entroido que se desenvolveron o luns e o martes (24 e 25 de febreiro). Pero o día grande do entroido de Zas o martes de entroido de entroido pola tarde cunha gran festa no pavillón municipal de Zas no que non faltaron as filloas á pedra nin o tradicional concurso de disfraces con 1.170€ en premios que se repartiron da seguinte forma:
Categoría A (de 0 a 5 anos)
- 1º premio: 80€ – Apalpador
- 2º premio: 60€ – Carl Frederick
- 3º premio: 40€ – Bolboretas
Categoría B (de 6 a 14 anos)
- 1º premio: 80€ – Mulleres sufraxistas
- 2º premio: 60€ – Fadas do monte
- 3º premio: 40€ – Descorchador
Categoría C (maiores de 15 anos)
- 1º premio: 150€ – Millonada
- 2º premio: 80€ – Reciclaxe
- 3º premio: 50€ – Sir Boton
Categoría D (grupos ou comparsas)
- 1º premio: 200€ – Reino fantástico
- 2º premio: 150€ – Palomitas da Ponte
- 3º premio: 100€ – Familia Adams
ZasChoqueiro (80 euros): Señor Xeital