Inicio » Departamentos » Cultura e Deportes » Mostra de Teatro Afeccionado

Mostra de Teatro Afeccionado «Labarta Pose»

VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Xa está en marcha unha nova edición, e van sete, da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura. Unhas das principais novidades deste ano é que se aumenta a cuantía dos premios a 3.900€ co fin de fomentar o teatro afeccionado así como o teatro feito en Galicia e en galego. Os premios repartiranse da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€ , trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Obras presentadas

Un total de 28 obras de teatro optaron a participar nesta sétima edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Nigrán, Mos Barreiros, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontedeume, O Barco de Valdeorras, As Pontes, Rianxo, Corcubión, Arteixo, Cambre, Vedra, Coles, Tomiño e Teo son algunhas das localidades das que proceden as compañías/grupos que presenta ao certame promovido polo Concello de Zas. A maior parte das obras recibidas son comedias, aínda que tamén hai algún drama, comedias románticas, thriller e musicais.

O xurado- formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius- seleccionou as cinco obras finalistas que se representaron os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio repartidas nos Auditorios de Zas e de Baio.

Obras finalistas

Estas son as obras finalistas e os seus días de representación:

  • «A pousada da pantasma coxa«; unha comedia para todos os públicos que nos chega da man da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo e que se representará o 20 de abril as 21:00 horas no auditorio de Baio.
  • «Lonxe dos teus abrazos«; da Asociación Cultural Teatro do Ar, de Nigrán. A función, unha comedia romántica dirixida a maiores de 8 anos, será o 27 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • «Fatum«, de O Catre de As Pontes de García Rodríguez. Esta é unha comedia para todos os públicos que se representará o 4 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • «Crónica dun pobo«, unha comedia de Gargallada Teatro que chega dende O Barco de Valdeorras e que nos interpretarán do 11 de Maio as 21:00h no Auditorio de Baio. Tamén está dirixida a todos os públicos.
  • «O traballo de Andrea» do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros. Este drama, dirixido ao público adulto, representarase o 18 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Zas.

O Concello de Zas repartirá un total de 3.900€ entre estas cinco obras finalistas. Pero para coñecer o reparto dos premios teremos que agardar ata 0 25 de maio, día no que terá lugar a entrega dos premios nun acto que se celebrará a partir das 18:00 horas no auditorio de Zas e no que o alumnado da Escola de Teatro do Concello de Zas interpretarán varias pezas.

VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Por sexto ano, o Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” na que se repartirán 3.500€ en premios co fin, por unha parte, de fomentar as artes escénicas afeccionadas e, por outra, o teatro feito en Galicia e en galego.

Un total de 29 obras de teatro optaron a participar na sexta edición deste certame. Lugo, As Pontes, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vedra, Vigo, Teo, Ferrol, Coles (Ourense), Mugardos, Narón, Cambre, Corcubión, Tomiño, Ares e Nigrán son algúns dos lugares dende onde chegan as obras de teatro que, na súa maioría, pertencen ao xénero da comedia. Unha vez rematado o prazo de presentación, o xurado – formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius – seleccionou as cinco obras finalistas que se representaron os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio repartidas nos Auditorios de Zas e de Baio.

Ademais do criterio do xurado, e ao igual que nas últimas edicións o público tamén tivo un papel moi importante no reparto de premios para o que o Concello de Zas destinou 3.500 euros. Ao final da representación, as persoas asistentes valoraron a representación de forma totalmente anónima. A obra coa mellor puntuación do público recibiu 200€, un trofeo e un diploma acreditativo. 

Entrega de premios

 

O 20 de maio de 2023 celebrouse no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.

O xurado, formando por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius, decidiu distribuír os 3.500€ en premios da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “A pena do cu do mundo”, de Carrachanacha Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Os veciños do lado”, de Fauna 113
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma acredidativo): “A Lola”, de Avelaíña Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Carlos Iglesias, pola súa interpretación de Carlos na obra “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Marina Nieto, pola súa interpretación de Marta na obra “Vacacións”, do grupo Tequerreté Teatro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e a Concelleira de Réxime Interior Persoal e Patrimonio Municipal, Natalia Espasandín, foron os encargados da entrega dos premios. Antes de coñecer os resultados, tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais de Talía Teatro, que interpretaron dúas pezas teatrais cargadas de humor; “Unha casa nada deshabitada” e “Cuestión de ovos”.

Edición 2022

Despois do visionado das 28 obras que se presentaron e dun “lixeiro” debate, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras que se representarán nesta quinta edición. O certame, organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Coma sempre a entrada é de balde e as funcións comezarán ás 21:30 horas.

Na V Mostra de Teatro Afecciondo Labarta Pose representaranse obras de teatro para todos os gustos nas que predomina a comedia e dirixidas principalmente ao público adulto. Este é o calendario:

  • 23 abril: CASTING de Hipócrita Teatro. Auditorio de Zas
  • 30 abril: OLIMPO’S de Farandoleiras Cabaré. Auditorio de Baio
  • 7 maio: SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO da Escola Municipal de AA. EE. da Estrada. Auditorio de Zas
  • 14 maio: UN DESASTRE DE FUNCIÓN de Gargallada Teatro. Auditorio de Baio
  • 21 maio: A DERRADEIRA CEA de Fauna 113. Auditorio de Zas

O xurado decidiu que quedaran en reserva as seguintes obras de teatro: CRIME DESORGANIZADO da Agrupación Teatral Mariñán, PORCOS DO País de Teatro do Ar e A LOLA de Avelaíña Teatro.

Premios

Na V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán así:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Tanto a celebración da mostra como o número de público asistente ás representación está condicionada ás circunstancias concorrentes derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19, así como o cumprimento das recomendacións sanitarias.

Para máis información ou consutar dúbidas, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico mostrateatrozas@gmail.com

Entrega de Premios

O 29 de maio de 2022 tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio a entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Estes foron os resultados:

▪ Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): «Un desastre de función», de Gargallada Teatro
▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): «Cásting», de Hipocrita Teatro
▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): «Sobre o mal que me fai o tabaco», da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xudado (500€, trofeo e diploma acreditativo): «Crime desorganizado», da Agrupación Teatral Mariñán
▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xudado (400€, trofeo e diploma acreditativo): «Olimpo´s», de Farandoleiras Cabaré
▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra «Sobre o mal que fai o tabaco», da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro
▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): «Un desastre de función», de Gargallada Teatro