Zas no Entroido 2019
O pavillón de Zas acolleu o martes de entroido, 5 marzo, un concurso de disfraces no que se repartiron máis de 1100 euros en premios e centos de filloas entre os asistentes
En Zas celebramos o entroido cun completo programa de actividades no que tiveron cabida todos os públicos. O entroido de Zas arrancou cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 4 e 5 de marzo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
E xa na tarde do 5 de marzo, martes de entroido, concentrouse a maior parte das actividades do programa argallado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. A partir das 16:00 horas, o pavillón municipal de Zas abriu as súas portas para que os máis pequenos desfrutasen da tarde coas sesións de xogos, talleres de maquillaxe e inchables que lle preparamos. A troula continuou a partir das 19:00 horas, hora á que comezou o tradicional concurso de disfraces no que se repartiron 1.170 euros en premios e centos de filloas entre todos os asistentes. Os premios repartíronse da seguinte forma:
Categoría A (de 0 a 5 anos)
- 1º premio: 80€ – Las damas del maíz
- 2º premio: 60€ – Peliqueira
- 3º premio: 40€ – Hombre hojalata
Categoría B (de 6 a 14 anos)
- 1º premio: 80€ – Willy Fog e a volta ó mundo
- 2º premio: 60€ – Comunicando
- 3º premio: 40€ – Roboquiña
Categoría C (maiores de 15 anos)
- 1º premio: 150€ – Dama de prata
- 2º premio: 80€ – Sí, chef
- 3º premio: 50€ – Bebé diabólico
Categoría D (grupos ou comparsas)
- 1º premio: 200€ – Mundo xaponés
- 2º premio: 150€ – Circo do soliño
- 3º premio: 100€ – Billar da Ponte
No concurso, tamén houbo un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro” para o que se terá en conta a orixinalidade, o aderezo artesanal e estrafalario e a súa caracterización polo descaro e o humor e que foi para «Non hai palleiro sen palla». O xurado estivo composto por membros do Concello de Zas e tres membros pertencentes a algunha asociación do municipio e premiaron a orixinalidade e singularidade dos disfraces, os materiais para a elaboración, a confección así como a posta en escena. No concurso houbo un total de 52 participantes.