Programas
Programa de teleasistencia móbil para víctimas de violencia de xénero : TAMV-VG
Convoca: Concello de Zas a través do Programa de Teleasistencia Móbil do IMSERSO e da FEMP.
Descrición do servizo: Este programa ofrece ás víctimas de violencia de xénero, unha atención inmediata e a distancia, as 24 hóras do día os 365 días do ano sea cal sexa o lugar no que se encontren. Permite que as mulleres en risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto cun centro de atención, formado por persoal específicamente preparado para dar resposta axeitada a crise exposta, ben por si mesmos, ou mobilizando outros recursos humanos e materiais existentes. O contacto cos centros de atención pode establecerse en todo momento tan só premendo un botón do teléfono. Cruz Roja Española é a encargada de xestionar este programa.
Requisitos: Mulleres víctimas de violencia de xénero.
Prazo: Todo o ano.
Programa de asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletraducción
Convoca: Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia a travé dun convenio co Concello de Zas.
Descrición: É un servizo de teletradución que permite atender ás mulleres inmigrantes en 51 idiomas. A finalidade deste servizo e conseguir unha correcta asistencia a estas mulleres e poidamos manter unha conversa sen ningún tipo de barreira lingüística, mellorando deste xeito, a calidade da asistencia ás persoas estranxeiras, independentemente da súa orixe e idioma de expresión.
Requisitos: mulleres inmigrantes residentes en Galicia
Programa de accións de sensibilización social contra a violencia de xénero
Descrición do Programa: Acordo establecido pola Secretaría Xeral da Igualdade e A FEGAMP co obxectivo de formar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero da que o Concello de Zas forma parte.
Dito acordo procura entre outras actuacións desenvolver accións de sensibilización e prevención fundamentalmente entre a mocidade có obxectivo de previr comportamentos violentos.
#LaViolenciaQueNoVes
#LaViolenciaQueNoVes é o nome da nova campaña de concienciación que acaba de lanzar a Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género na que trata de visualizar aquelas escenas de violencia machista que están tan normalizadas que soen pasar desapercibidas. Este é o spot: https://youtu.be/6Qdjfj6VqCQ