Inicio » Centro de Información á Muller » Manifesto 8 de marzo de 2023

Manifesto 8M

 

 

 

 

O día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. Con ocasión de dita celebración, coma todos os anos, realizamos unha reivindicación a prol dunha igualdade real e efectiva da muller, que si ben é unha labor a realizar tódolos días do ano, se visibiliza neste día a través de distintos actos por parte de diversas institucións e polas distintas mulleres e homes que loitan para alcanzar este dereito.

Este ano ímonos centrar na Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, a chamada “Lei do si é si” pois moito se está a falar da modificación desta lei do código penal obviando outras cuestións que supoñen un avance na lexislación da liberdade sexual.

Así, esta lei ten como obxectivo ofrecer unha garantía e protección integral das vítimas das violencias sexuais e sensibilizar á cidadanía e promover a formación no eido educativo, laboral, dixital, publicitario e mediático, entre outros.

Respecto á educación, a lei prevé a integración de contidos baseados na coeducación e na pedagoxía feminista sobre educación sexual e igualdade de xénero y educación afectivo-sexual para o alumnado e contidos formativos sobre o uso adecuado e crítico de internet e das novas tecnoloxías, destinados á sensibilización e prevención das violencias sexuais, a protección da privacidade e os delitos cometidos a través das novas tecnoloxías da información e a comunicación promovendo unha educación na cidadanía dixital mediante a consecución de competencias dixitais adaptadas ó nivel correspondente do tramo de idade.

Asemade, considerarase ilícita a publicidade que utilice estereotipos de xénero que fomenten ou normalicen as violencias sexuais contra as mulleres, nenas, nenos e adolescentes, así como as que supoñan promoción da prostitución.

Por outra parte, os actos sexuais non consentidos e que teñan lugar mediante sumisión química, consideraranse como agravante e prácticas como a mutilación xenital feminina, o acoso na rúa e os matrimonios forzados contemplaranse como formas de violencia sexual; isto é, como delitos contra a liberdade sexual. Tamén se tipifica e se castiga o reenvío de imaxes ou gravacións audiovisuais que, recibidas sen o consentimento da persoa afectada, menoscaben o seu dereito á intimidade.

Outro cambio importante é a regulación do dereito á reparación integral das vítimas, que inclúe a indemnización por danos e prexuízos materiais e morais que corresponda ás vítimas de violencias sexuais que deberán garantir a satisfacción economicamente evaluable do dano físico e psicolóxico, incluído o dano moral e o dano á dignidade; a perda de oportunidades, incluídas as oportunidades de educación, emprego e prestacións sociais; os danos materiais e a perda de ingresos, incluído o lucro cesante; o dano social, entendido como o dano ao proxecto de vida e o tratamento terapéutico, social e de saúde sexual e reprodutiva.

Asemade, nos casos de morte como consecuencia dalgún tipo de violencia sexual, os fillos e fillas das vítimas poderán percibir unha pensión, ou, no seu caso, unha prestación de orfandade, de acordo con lo disposto na Lei Xeral da Seguridade Social.

Polo tanto, con independencia da modificación das penas previstas para a agresión sexual e da inminente regulada nesta lei, e a súa inminente modificación á vista dos seus efectos na rebaixa das penas nalgúns supostos, o certo é que este lei non se limita unicamente a estes cambios nas penas do Código Penal, senón que regula outras materias que tratan de previr a violencia sexual e a reparación integral das vítimas.

 

Centro de Información á Muller do Concello de Zas