Entregados os premios do XV Concurso de Marcapáxinas organizado polo Concello de Zas

06/16/2024

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e a Concelleira de Educación, Pilar García; veñen de entregar os premios do XV Concurso de Marcapáxinas organizado polo Concello de Zas e que se inclúe no programa “Maio, mes das letras”. O certame está dirixido ao alumnado do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose e divídese en tres categorías. 

Esta é a relación dos gañadores da presente edición:

CATEGORÍA A (ata os 5 anos)

– Daniela García (6º Infantil do CEIP Labarta Pose)

– Thiago Ferreiro (6° Infantil do CPI de Zas)

CATEGORÍA B (de 1º a 5º de Educación Primaria)

– Xiana Mourelle (5º EP do CEIP Labarta Pose)

– Daniela Rojo (5° EP do CPI de Zas)

CATEGORÍA C (de 6º de Educación Primaria a 4º da ESO)

– Guillermo Santos (6º EP do CEIP Labarta Pose)

  • Claudia Baña (6° EP do CIP de Zas)

Os traballos premiados usaranse na Biblioteca Municipal de as e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2025. Cada un dos premios consistiu nun lote de libros.

Parabéns a todxs e moitas grazas por participar!