Entregados os 1.200€ en premios da campaña do Punto Rojo

09/06/2023

 

Esta mañá tivo lugar na Praza Jorge Mira Pérez de Baio a entrega dos premios da campaña de promoción do comercio local “Punto Rojo”, celebrada no pasado mes de agosto e que estivo organizada polo Concello de Zas.

En total repartíronse 6 bonos de 200€ cada un para que as persoas afortunadas poidan gastalos antes do 30 de novembro nos máis de 60 establecementos comerciais que participaron na campaña. 

As persoas premiadas son:

  • Borja Lema García
  • Manuel Esteban Lema Pérez
  • Enrique Ferreiro Fuentes
  • María Pose Mouro
  • Juan Miguel Vázquez Pose
  • Sara Rodríguez Eiroa

Ao acto asistiron os propios premiados xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Concelleira, Pilar García; e representantes dalgúns dos establecementos participantes.