Enrique Labarta Pose volve as librarias e as bibliotecas coa publicación da súa “Antoloxía Poética”

02/26/2024
O pasado sábado presentouse no Auditorio de Baio a “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose nun acto que reuniu unha gran representación social e política de toda a comarca.
Con este libro, que recolle 40 poemas máis relevantes da súa obra, “Labarta volve as librarías e as bibliotecas”; sinalou Xosé María Rei Lema que xunto con Xosé Manuel Varela Varela se encargaron da súa edición. A obra foi publicada pola Editorial Galaxia grazas a un convenio de colaboración co Concello de Zas.
Para Manuel Muíño, Alcalde de Zas, este é un paso máis dos moitos que se levan dados para difundir a vida e obra do polifacético escritor e co se sobe un chanzo para que se lle adique o seu Día das Letras Galegas. Unha loita “que comezou aló polos anos 90”, tal e como sinalou Xosé Manuel Varela Varela dende a posta en marcha da Comisión Enrique Labarta Pose. Á presentación do libro tamén acudiu Xesús Domínguez, director de produccións da Editorial Galaxia, que definiu a Labarta como “un avogado que quixo vivir das letras”. Entre o público que asistiu á presentación do libro estaba Ángel Labarta, veciño de Noia e familiar do escritor.
A “Antoloxía Poética” de Enrique Labarta Pose está dispoñible para préstamo en calquera das Bibliotecas Municipais do Concello de Zas e tamén se pode adquirir nas diferentes librarías da zona.