Inicio » Emprego » Servizos

Servizos que prestan

  • Asesoramento a emprendedores na creación de empresas, xestión das subvencións e acompañamento técnico para o desenvolvemento do proxecto empresarial.
  • Información, asesoramento e tramitación de axudas e subvencións para empresas xa establecidas.
  • Prestar apoio para facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, facilitando información sobre orientación laboral e busca de emprego.
  • Deseñar e organizar actividades formativas para distintos colectivos: empresarios, emprendedores, traballadores por conta allea e desempregados.
  • Prestar apoio técnico ás distintas asociacións do concello, para informar e tramitar ás axudas existentes, e para desenvolvemento das súas actividades.
  • Realización de estudos, informes e proxectos relacionados coa actividade empresarial do concello e co mercado laboral.
  • Colaboración na implantación de proxectos de carácter supramunicipal nos que participe o Concello de Zas.
  • Información e tramitación de axudas á vivenda.