Inicio » Emprego » Axudas e subvencións » Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D

Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D

A Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras que rexerán as axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidae e a súa empregabilidade e proceder á convocatoria para o ano 2024.

Requisitos:

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

  • Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antiguidade mínima dun ano.
  • Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Datas de presentación das solicitudes: 24/01/2024 00:00 – 30/09/2024 23:59

Máis información:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_es.pdf