ONDE IR
Ruta da Auga
O fío conductor desta ruta é a pegada da auga na parroquia de Gándara, xa que pasa por lugares polos que transcorre este recurso. Xa no ano 1753 figuraban 17 muíños no Catastro do Marqués de Ensenada; un dato que demostra a relevancia da abundancia da auga e dos seus desniveis nesta zona.
No traxecto desta ruta pásase por lugares nos que a auga é a principal forza motriz para a posta en funcionamento dos muíños. A ruta transcorre por un medio rural caracterizado pola riqueza xeolóxica e natural dos seus montes, nos que se pode observar a flora e a fauna da zona.
Nesta fermosa ruta, que discorre por antigos camiños recuperados e por sendeiros de ribeira, podemos ver fervenzas, muíños, un batán, hórreos, abelarizas, un castro e unha rica flora e fauna.