Uns días en Zas

Unos días en Zas

Se a túa estadía no noso municipio vai ser de varios días, podes tomar as indicacións deseñadas para a proposta de escapada dunha fin de semana en Zas, e se o prefires, adaptala a outros días da semana. A esta oferta aconsellámosche engadir a visita a Pico de Meda e á contorna do Rabiñoso.

O Pico de Meda, cos seus 566 metros de altura, é o punto máis elevado da localidade. Desde a súa cima, en días claros, poderás observar o Monte Pindo (Carnota) ou o Atlántico, desde Fisterra ata Arteixo,  e desfrutar das panorámicas do Val de Soneira. Alí, contemplarás animais en libertade: équidos e bóvidos, aves de presa e pequenos mamíferos (coellos, raposos). Na  atalaia do Pico de Meda nace o río Grande, o cual discorre polas terras zaenses ata desembocar na ría de Camariñas. Para acceder ao Pico de Meda deberás tomar a estrada local cara á parroquia de Gándara.

De volta, ao baixar, a dous kilómetros aproximadamente, propoñeemosche facer unha parada no lugar do Rabiñoso, espazo natural que transmite tranquilidade e sosego, un auténtico bosque de ribeira. O seu río sirve de fronteira entre dúas aldeas (Vilarramil e Moucos), entre dúas parroquias (Cuns e Gándara), entre dous municipios (Coristanco e Zas) e entre dúas comarcas (Bergantiños e Soneira). Na súa contorna poderás atopar dous muíños na zona de Zas e tres na de Coristanco, todos en mal estado de conservación, desafortunadamente.

Zas forma parte da comarca de Soneira, xunto a Vimianzo e Camariñas, lugares que deberás reservar algunhas xornadas para visitarlos. Da mesma maneira acontece con outros enclaves da Costa da Morte: Muxía, Fisterra, Corcubión, Cee,…

O noso municipio está localizado nun punto xeográfico case equidistante da cidade da Coruña (pouco máis de 60 km.) como de Santiago de Compostela (50 km. aproximadamente), o que o convirte nun enclave perfecto no triángulo A Coruña – Santiago – Costa da Morte.