Inicio » Onde ir » Proposta de escapadas » Unha fin de semana en Zas

Un fin de semana en Zas

Un fin de semana en Zas

Sábado

Pola mañá, propoñémosche un paseo relaxante pola carballeira de Baio, espazo natural bañado polas augas do río Grande. Desde a súa marxe esquerda poderás dirixirte cara á área recreativa de Pedra Vixía e, polo camiño, encontrarte con antigos muíños. Desde a área, a poucos metros, seguindo polo lado esquerdo o río, descubrirás os restos do dolmen de Pedra Vixía.

Pola tarde, suxerímosche realizar a Ruta dos Pazos. Catro casas da nobreza galega de diferentes épocas, entre os cales está o considerado pazo máis antigo de Galicia, as Torres do Allo, fermoso edificio declarado BIC (Ben de Interese Cultural) que acolle na actualidade un centro de información turística. Os outros tres, Follente, Romelle e Edreiras, son de titularidade privada polo que só poderás coñeocer os seus exteriores.

Ten en conta que se a túa estancia no municipio de Zas coincide ser o primeiro sábado de agosto, terás unha cita obrigada na Festa da Carballeira de Zas, onde durante toda a xornada se celebra, ano tras ano, un dos festivais de música folk máis importantes de Galicia. Sen embrago, se che coincide de estar o cuarto sábado de agosto, deberás asistir á Romería de San Roque do Monte na parroquia de Mira, festa caracterizada pola puxa de galos, actos relixiosos, actuacións musicais e por unha multitudinaria merenda campestre.

 

Domingo

Un fin de semana en Zas

Ao comezar o día, desfruta da pequena ruta de Zas a Rial de Abaixo. Nela, visitarás a súa carballeira e verás fermosas vistas do municipio desde os seus puntos máis elevados.

Tras o xantar, diríxete cara ao sur do concello para realizar a Ruta de Brandomil, con enclaves de visita obrigada para coñecer o pasado romano e megalítico deste territorio.

Se durante a túa estancia en Zas coincide ser a mañá do terceiro domingo de mes, achégate á localidade de Baio, onde ten lugar a feira mensual na que atoparás multitude de postos ambulantes que ofertan todo tipo de artigos. Sen embrago, se o teu paso por Zas é ao inicio do verán, o último domingo de xuño, asiste á Festa de la Carballeira de Baio, unha gran romería na que desfrutarás dun día cheo de actuacións musicais. Polo contrario, toma nota se nos visitas o primeiro domingo do mes de xullo cando terás oportunidade de ver a Rapa das Bestas de Carreira, evento no lugar de A Pedragueira no que os participantes son os encargados de reunir os cabalos para despois cortarlle as crins.