Inicio » Onde comer » Merendeiros » Merendeiro Brandomil

Merendeiro Brandomil

Zona arborada enmarcada nunha contorna rural que conta con grella, bancos, fonte, papeleiras e extraordinarias vistas ao río. Atópase situado á beira da Ponte de Brandomil, sendo este un monumento da época romana. Consta de catro arcos coa peculiaridade de que son desiguais e aínda poden apreciarse restos da antiga calzada romana. Accesible para calquera persoa.