Inicio » Departamentos » Cultura e Deportes » Mostra de Teatro Afeccionado

Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

Aberto o prazo para participar na VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose na que o Concello de Zas repartirá 3.500 euros en premios

· Todas as compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegas poden presentar as súas obras ata o 28 de marzo
· O xurado elixirá as cinco obras finalistas que se representarán os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio

Por sexto ano, o Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” na que se repartirán 3.500€ en premios co fin, por unha parte, de fomentar as artes escénicas afeccionadas e, por outra, o teatro feito en Galicia e en galego.

As inscricións para participar nesta sexta edición do certame están abertas ata o próximo 28 de marzo. As bases do certame, a documentación requerida e as fichas de inscrición poden descargarse no Tablón de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230228123000174.html

Na VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose poden participar todas aquelas compañías e/ou grupos de teatro afeccionado galegas. Un xurado formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius será o encargado de elixir as cinco obras finalistas que se representarán os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio. Os lugares de representación serán o Auditorio Municipal de Zas e o Auditorio Municipal de Baio e o 21 de maio terá lugar o acto de entrega de premios.

Premios

O Concello de Zas repartirán un total de 3.500€ en premios que se distrubuirán da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

O mellor actor e a mellor actriz tamén recibirán cadanseu trofeo e diploma acreditativo.

Edición 2022

Despois do visionado das 28 obras que se presentaron e dun “lixeiro” debate, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras que se representarán nesta quinta edición. O certame, organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Coma sempre a entrada é de balde e as funcións comezarán ás 21:30 horas.

Na V Mostra de Teatro Afecciondo Labarta Pose representaranse obras de teatro para todos os gustos nas que predomina a comedia e dirixidas principalmente ao público adulto. Este é o calendario:

  • 23 abril: CASTING de Hipócrita Teatro. Auditorio de Zas
  • 30 abril: OLIMPO’S de Farandoleiras Cabaré. Auditorio de Baio
  • 7 maio: SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO da Escola Municipal de AA. EE. da Estrada. Auditorio de Zas
  • 14 maio: UN DESASTRE DE FUNCIÓN de Gargallada Teatro. Auditorio de Baio
  • 21 maio: A DERRADEIRA CEA de Fauna 113. Auditorio de Zas

O xurado decidiu que quedaran en reserva as seguintes obras de teatro: CRIME DESORGANIZADO da Agrupación Teatral Mariñán, PORCOS DO País de Teatro do Ar e A LOLA de Avelaíña Teatro.

Premios

Na V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán así:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Tanto a celebración da mostra como o número de público asistente ás representación está condicionada ás circunstancias concorrentes derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19, así como o cumprimento das recomendacións sanitarias.

Para máis información ou consutar dúbidas, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico mostrateatrozas@gmail.com

Entrega de Premios

O 29 de maio de 2022 tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio a entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Estes foron os resultados:

▪ Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro
▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “Cásting”, de Hipocrita Teatro
▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xudado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Crime desorganizado”, da Agrupación Teatral Mariñán
▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xudado (400€, trofeo e diploma acreditativo): “Olimpo´s”, de Farandoleiras Cabaré
▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra “Sobre o mal que fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro
▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro