Inicio » Departamentos » Cultura e Deportes » Mostra de Teatro Afeccionado

Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Xa son sete as edicións da  Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura. Unhas das principais novidades deste ano é que se aumenta a cuantía dos premios a 3.900€ co fin de fomentar o teatro afeccionado así como o teatro feito en Galicia e en galego. Os premios repartiranse da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 700€ , trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Obras presentadas

Un total de 28 obras de teatro optaron a participar nesta sétima edición da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Nigrán, Mos Barreiros, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontedeume, O Barco de Valdeorras, As Pontes, Rianxo, Corcubión, Arteixo, Cambre, Vedra, Coles, Tomiño e Teo son algunhas das localidades das que proceden as compañías/grupos que presenta ao certame promovido polo Concello de Zas. A maior parte das obras recibidas son comedias, aínda que tamén hai algún drama, comedias románticas, thriller e musicais.

O xurado- formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius- seleccionou as cinco obras finalistas que se representaron os días 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio repartidas nos Auditorios de Zas e de Baio.

Obras finalistas

Estas son as obras finalistas e os seus días de representación:

  • A pousada da pantasma coxa“; unha comedia para todos os públicos que nos chega da man da Asociación Cultural Faíscas de Arteixo e que se representará o 20 de abril as 21:00 horas no auditorio de Baio.
  • Lonxe dos teus abrazos“; da Asociación Cultural Teatro do Ar, de Nigrán. A función, unha comedia romántica dirixida a maiores de 8 anos, será o 27 de abril as 21:00 horas no Auditorio de Zas.
  • Fatum“, de O Catre de As Pontes de García Rodríguez. Esta é unha comedia para todos os públicos que se representará o 4 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
  • Crónica dun pobo“, unha comedia de Gargallada Teatro que chega dende O Barco de Valdeorras e que nos interpretarán do 11 de Maio as 21:00h no Auditorio de Baio. Tamén está dirixida a todos os públicos.
  • O traballo de Andrea” do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros. Este drama, dirixido ao público adulto, representarase o 18 de maio ás 21:00 horas no Auditorio de Zas.

O Concello de Zas repartirá un total de 3.900€ entre estas cinco obras finalistas. Pero para coñecer o reparto dos premios teremos que agardar ata 0 25 de maio, día no que terá lugar a entrega dos premios nun acto que se celebrará a partir das 18:00 horas no auditorio de Zas e no que o alumnado da Escola de Teatro do Concello de Zas interpretarán varias pezas.

Entrega de premios

O 25 de maio tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.

Este foi o reparto dos 3.900€ en premios:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Crónica dun pobo”, de Gargallada Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “A pousada da pantasma coxa”, de A.C. Faíscas
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Lonxe dos teus abrazos”, de A.C. Teatro do Ar
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acredidativo): “Fatum”, de O Catre Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Emilio González López, pola súa interpretación de Ditador na obra “Crónica dun pobo”, de Gargallada Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Miriam Bouso Gallego, pola súa interpretación de Andrea na obra “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao

“O traballo de Andrea” foi a obra de teatro con maior número de recoñecementos. Este drama, interpretado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros (Lugo), ten como protagonista a Andrea; unha rapaza que está a facer o seu traballo de fin de curso. Os representantes do colectivo déronlle as grazas e os parabéns ao Concello de Zas por fomentar o teatro amateur e despois do éxito deste ano, que era a primeira vez que se presentaban, aseguraron que “volveremos ás vindeiras edicións”.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, tamén fixo a entrega en nome de todo o Concello dun trofeo aos membros de Badius para recoñecer os máis de 40 anos que levan enriba dos escenarios.

VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Por sexto ano, o Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” na que se repartirán 3.500€ en premios co fin, por unha parte, de fomentar as artes escénicas afeccionadas e, por outra, o teatro feito en Galicia e en galego.

Un total de 29 obras de teatro optaron a participar na sexta edición deste certame. Lugo, As Pontes, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Vedra, Vigo, Teo, Ferrol, Coles (Ourense), Mugardos, Narón, Cambre, Corcubión, Tomiño, Ares e Nigrán son algúns dos lugares dende onde chegan as obras de teatro que, na súa maioría, pertencen ao xénero da comedia. Unha vez rematado o prazo de presentación, o xurado – formado por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius – seleccionou as cinco obras finalistas que se representaron os días 15, 22 e 29 de abril e 6 e 13 de maio repartidas nos Auditorios de Zas e de Baio.

Ademais do criterio do xurado, e ao igual que nas últimas edicións o público tamén tivo un papel moi importante no reparto de premios para o que o Concello de Zas destinou 3.500 euros. Ao final da representación, as persoas asistentes valoraron a representación de forma totalmente anónima. A obra coa mellor puntuación do público recibiu 200€, un trofeo e un diploma acreditativo. 

Entrega de premios

 

O 20 de maio de 2023 celebrouse no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.

O xurado, formando por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius, decidiu distribuír os 3.500€ en premios da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “A pena do cu do mundo”, de Carrachanacha Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Os veciños do lado”, de Fauna 113
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma acredidativo): “A Lola”, de Avelaíña Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Carlos Iglesias, pola súa interpretación de Carlos na obra “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Marina Nieto, pola súa interpretación de Marta na obra “Vacacións”, do grupo Tequerreté Teatro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e a Concelleira de Réxime Interior Persoal e Patrimonio Municipal, Natalia Espasandín, foron os encargados da entrega dos premios. Antes de coñecer os resultados, tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais de Talía Teatro, que interpretaron dúas pezas teatrais cargadas de humor; “Unha casa nada deshabitada” e “Cuestión de ovos”.

Edición 2022

Despois do visionado das 28 obras que se presentaron e dun “lixeiro” debate, o xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras que se representarán nesta quinta edición. O certame, organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Coma sempre a entrada é de balde e as funcións comezarán ás 21:30 horas.

Na V Mostra de Teatro Afecciondo Labarta Pose representaranse obras de teatro para todos os gustos nas que predomina a comedia e dirixidas principalmente ao público adulto. Este é o calendario:

  • 23 abril: CASTING de Hipócrita Teatro. Auditorio de Zas
  • 30 abril: OLIMPO’S de Farandoleiras Cabaré. Auditorio de Baio
  • 7 maio: SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO da Escola Municipal de AA. EE. da Estrada. Auditorio de Zas
  • 14 maio: UN DESASTRE DE FUNCIÓN de Gargallada Teatro. Auditorio de Baio
  • 21 maio: A DERRADEIRA CEA de Fauna 113. Auditorio de Zas

O xurado decidiu que quedaran en reserva as seguintes obras de teatro: CRIME DESORGANIZADO da Agrupación Teatral Mariñán, PORCOS DO País de Teatro do Ar e A LOLA de Avelaíña Teatro.

Premios

Na V Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” repartiranse un total de 3.500 euros en premios que se distribuirán así:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo

Tanto a celebración da mostra como o número de público asistente ás representación está condicionada ás circunstancias concorrentes derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19, así como o cumprimento das recomendacións sanitarias.

Para máis información ou consutar dúbidas, as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico mostrateatrozas@gmail.com

Entrega de Premios

O 29 de maio de 2022 tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio a entrega de premios da V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Estes foron os resultados:

▪ Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro
▪ Premio á segunda mellor obra elixida polo xudado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “Cásting”, de Hipocrita Teatro
▪ Premio á terceira mellor obra elixida polo xudado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Sobre o mal que me fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á cuarta mellor obra elixida polo xudado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Crime desorganizado”, da Agrupación Teatral Mariñán
▪ Premio á quinta mellor obra elixida polo xudado (400€, trofeo e diploma acreditativo): “Olimpo´s”, de Farandoleiras Cabaré
▪ Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Gonzalo Valcárcel, pola súa interpretación de Iván Ivanovich na obra “Sobre o mal que fai o tabaco”, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
▪ Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Natalia Fernández, pola súa interpretación de Úrsula Cimarrón na obra Cásting, de Hipócrita Teatro
▪ Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Un desastre de función”, de Gargallada Teatro