Inicio » Departamentos » Cultura e Deportes » Actividades deportivas

Actividades deportivas

Ximnasio municipal

O ximnasio municipal de Baio – ubicado no pavillón – conta con dúas salas que en total suman 150m2. Unha delas; a sala de cardio, conta con tres cintas, dúas elípticas, unha bicicleta reclinada, un remo e catro bicicletas de spinning. A outra sala, a de musculación, está equipada cunha máquina multipress, extensión de cuádriceps, prensa, aducción, abducción, remo sentado, rack e poleas así como diverso material para o adestramento libre. As dúas salas están videovixiadas. Ademais conta con vestiarios e aseos masculinos e femininos.

  • Horario: De luns a venres de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 9:00 a 14:00 horas. 
  • O uso das instalacións está indicado para as maiores de 16 anos. Os/as usuarios/as de entre 16 e 18 anos deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta.

 

Escolas deportivas municipais

De 6 a 14 anos.

  • Fútbol sala
  • Bádminton
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Patinaxe
  • Iniciación ao hóckey
  • Voleibol
  • Multixogos
 

 

Ximnasia de mantemento

Adultos. 

Martes e xoves

  • De 20.00h a 21.00h no Pavillón de Zas
  • De 21.00h a 22.00h no Pavillón de Baio
 

 

Liga municipal de fútbol sala

Adultos

  • Luns ás 21.30h no Pavillón de Baio
  • Xoves ás 21.30h no Pavillón de Zas

 

 

Na área deportiva  tamén se realizan actividades de tiro con arco, baile de salón e ximnasia terapéutica.

 

 

Actividades de verán

  • Festa dos nenos
  • Cursos de natación
  • Campamentos deportivos
  • Torneos (Tenis, Bádminton, Fútbol sala, Interparroquial..)
  • Roteiros de sendeirismo
  • Día da bicicleta
  • Días verdes
  • Campus de fútbol
  • Trofeo fútbol Concello de Zas