O EMPODERAMENTO, O NOSO RETO PERSOAL E SOCIAL

O empoderamento é un termo acuñado na conferencia Mundial das Mulleres en Beijing en 1995 e significa que as mulleres son capaces de tomar conciencia do seu poder individual para unha transformación social cara unha igualdade real e efectiva.

Como construír e debuxar a nosa vida intentando conseguir esa independencia que, desde moi nenos os nosos pais e nais nos ensinaron a través da educación que recibimos deles. Ao longo dos anos, imos construíndo a nosa  autonomía, facémola a través dos nosos proxectos persoais e profesionais.

A vida é elexir ser independiente o dependiente, só depende de nós esta decisión; claro está, implica tamén o lugar onde nacemos e o enriquecedora que foron as nosas experiencias e a nosa contorna familiar e das relacións fora desta, que marcaron tamén a nosa elección de independencia e libertade.

Que importantes valores para comezar!

 Alguén moi importante na miña vida ensinoume que eses valores son os que debería tratrar de conseguir e que un lévate a outro e así chegar á ansiada igualdade de todas e todos.

A través da independencia podemos facer o que nós queiramos sen que nos dirixa ninguén e coller o voo no momento correcto e seguir o noso camiño con dignidade e desapego.

O que temos que construír é unha vida persoal con liberdade con todos os valores que nos transmitiron e aqueles outros que fomos adoptando de aquelas persoas que admiramos no noso camiño.

Como decía Virginia Woolf: “Non hai barreira, cerradura nin cerrollo que poidas impoñer á libertade da miña mente”

Empoderarse a nivel profesional e emocional é todo un reto persoal que as mulleres temos que conseguir para disfrutar con liberdade a toma de decisións que se nos poidan plantexar ao longo da nosa  vida.

De quen depende? De nós mesmas

Para aquelas mulleres que comparten o noso centro e para aquelas outras que non nos coñecen e que están aí na súa loita, desexamoslle un feliz día da muller. Hoxe e cada día das nosas vidas, celebraremos cada obxetivo conseguido e compartiremolo: soas, acompañadas, coa familia, na rúa, en silencio, traballando…… pero seremos conscientes de que nos quedan moitos obstáculos que eliminar, os que nos impiden avanzar na nosa vida laboral e persoal e que só está na nosa mente poder acadalos.

O empoderamento debería ser o noso obxetivo primordial e os organismos públicos deberían ser os que potencien e visibilicen as capacidades das mulleres e acadar esa transformación social cara a igualdade real e efectiva de todas nós.

O Centro de Información á Muller de Zas deséxavos o mellor para as vosas vidas.

Zas, 8 de marzo de 2021

 
 

Descargas