Catro andainas para descubrir o noso concello a pé

06/08/2024

 

Este verán volvemos a realizar unha das actividades que máis gustan: as andainas. O Concello de Zas vén de organizar catro andainas polo noso municipio coas que, ademáis de fomentar o deporte, dáse a coñecer e ponse en valor a nosa riqueza natural e cultural.

Serán sempre os sábados pola mañá e teñen unha distancia aproximada de 12 kilómetros. Estas son as datas e os diferentes percorridos:

  • 29 de xuño: Carballeira de Baio – Pedra Vixía. A saída realizarase ás 09:30 horas dende a Praza Jorge Mira Pérez. Esta é unha ruta de dificultade baixa
  • 13 de xullo: Terras altas de Zas; dende Pico de Meda ata San Roque do Monte. O punto de encontro é as 09:30 horas na Praza do Concello. Esta ruta é de dificultade media
  • 20 de xullo: Brandomil Romano e Vía Mariana. O punto de encontro desta ruta de dificultade baixa será ás 09:30 horas na Ponte de Brandomil
  • 3 de agosto: Andaina das Carballeiras. O punto de encontro é ás 09:30 horas na Praza do Concello. A dificultade desta ruta é baixa

Inscricións

Todas aquelas persoas interesadas en facer unha ou varias andainas deberán anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056. Esta é unha actividade gratuíta.