Despois duns anos de paréntese, o vindeiro 28 de xullo volve a Concentración de Motos Antigas, organizada polo Concello de Zas coa colaboración de Motos Josi, que xa vai pola súa XVI edición.
A cita está dirixida a todas aquelas persoas que teñan unha moto de máis de 35 anos. De 09:00 a 10:30 horas realizarase a recepción na Praza Jorge Mira de Baio para iniciar dende aquí o percorrido por diferentes puntos do noso municipio e da Costa da Morte. Está previsto que a ruta remate ás 14:30 horas no polideportivo municipal de Zas onde haberá un xantar para todas aquelas persoas que o desexen.
Para participar na XVI Concentración de Motos Antigas é necesario anotarse antes do 21 de xullo no 698 178 654. O custe é de 15€ para aquelas persoas que queiran facer a ruta e dugustar uns pinchos e de 35€ para os que tamén queiran quedar ao xantar.