Aínda se poden retirar as entradas para a 39ª Festa da Carballeira que o Concello de Zas pon a disposición da veciñanza

08/06/2024

Ata as 13:00 horas do venres, 9 de agosto, pódense recoller nas oficinas do Concello de Zas as dúas entradas nominativas para a 39ª Festa da Carballeira de Zas que o Concello de Zas pon a disposición de cada vivenda do municipio con familias empadroadas no noso municipio e coas que accederán de forma gratuíta durante todo o día do sábado 10 de agosto. 

Desta forma, dende o Goberno Municipal queremos que todos os veciños e veciñas gozen dunha das festas máis emblemáticas do noso municipio que ao longo dos anos foi gañando importancia ata declararse Festa de Interese Turística Galega.  Ademais, todas as persoas menores de 14 anos e maiores de 60 non pagan entrada para o festival e as actividades do sábado 10 de agosto.

É importante lembrar que para acceder ao recinto será necesario presentar o Documento Nacional de Identidade.