Achégase a 39ª Festa da Carballeira (9 e 10 de agosto) e con ela a Semana Cultural que arranca o vindeiro luns, 5 de agosto, para situar ao noso municipio nun dos referentes culturais e musicais de toda a comarca e máis aló.
“Esta é unha programación especial que pon en marha o Concello de Zas con actividades de primeiro nivel e todas de balde”, sinala o Alcalde Zas, Manuel Muíño. A programación contempla obradoiros infantís e para adultos, visitas guiadas, a clásica observación astronómica, exposicións, cinema,… Ademais, durante toda a semana poderase ver no Centro Sociocultural de Zas (en horario de 17:00 a 20:00 horas) unha exposición coas elaboracións do alumnado de cestería, manualidades, bordado e arte floral e restauración e a mostra sobre os XXXIX Anos da Carballeira. Estas son as actividades que temos preparadas:
Luns, 5 de agosto
- 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas. É necesario anotarse previamente
- 17:00 horas: Visita guiada as capelas e fontes das romarías populares. Guiados por Evaristo Domínguez, visitaremos a contorna da Santa Margarita de Muíño, San Roque do Monte e Sna Ramón do Allo. Sairase en autobús dende o Centro Sociocultural de Zas. Para asistir é necesario anotarse previamente en https://bit.ly/Capelas_Fontes
- 22:30 horas: Observación astronómica dende a tumba do guerreiro Brandomil (Arca da Piosa) con Jorge Mira. Saída ás 22:30 horas dende Santa Sía de Roma. É necesario anotarse previamente en https://bit.ly/ObservaciónAstronómica
Martes, 6 de agosto
- 12:30 horas: Contacontos infantil co bardo Abelardo que nos trae “A música das árbores”. Centro Sociocultural de Zas
- 18:00 horas: Obradoiro de “Scrap” para o público adulto. Centro Sociocultural de Zas
- 18:00 horas: PequeChef, obradoiro de cociña saudable para o público infantil. Centro Sociocultural de Zas
- 20:00 horas: Presentación da exposición “A Costa da Morte baixo as estrelas”, de Ana García
- 20:30 horas: Proxección de “LAR”; un documental de soños e recordos producido por AGARESO
- 22:00 horas: Concerto de Maricarme Trad no campo do río, ao carón da entrada da Carballeira
Mércores, 7 de agosto
- 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas
- 11:30 horas: Inauguración do Encontro Atlántico de Festivais de Cinema nas Torres do Allo. A continuación, ás 12:00 horas, mesa redonda entre cineastas e profesionais do sector
- 17:00 horas: Visita guiada ás Torres do Allo
- 18:00 horas: Obradoiro de “Scrap” para o público adulto. Centro Sociocultural de Zas
- 19:00 horas: Presentación dos Premios Fouciño no marco do Encontro Atlántico de Festivais de Cinema con proxección das pezas escollidas en edicións anteriores. E a continuación, ás 20:30 horas, selección de curtas. Auditorio do Concello
- 22:00 horas: Cinema ao ar libre “O Corno” na Praza do Concello. Dirixido ao público adulto
Xoves, 8 de agosto
- 12:30 horas: Contamaxias co Mago Paco no Centro Sociocultural de Zas. Público infantil
- 18:00 horas: Obradoiro para o público adulto “Borda as túas fotos” no Centro Sociocultural de Zas. Para participar é necesario anotarse previamente
- 18:00 horas: PequeChef, obradoiro de cociña saudable para o público infantil. Centro Sociocultural de Zas
- 19:00 horas: “Paxariños”; contabebés coa compañía Trinke Trinke. Centro Sociocultural de Zas
- 21:00 horas: Monólogo “Quéroche un conto” con Marita Martínez. Centro Sociocultural de Zas
Venres, 9 de agosto
- 10:00 horas: Obradoiro de Danza Urbana dirixido ao público infantil. Centro Sociocultural de Zas
- 18:00 horas: Obradoiro para o público adulto “Borda as túas fotos” no Centro Sociocultural de Zas
- 21:30 horas: Arranca a 39ª Festa da Carballeira coas actuacións de Maneiro, Amparanoia e Rbeliom do inframundo. A festa continúa o sábado durante todo o día con feira de artesanía, exhibición de Marcos Mariño, sesión vemú con mexilloada popular, actividades infantís, unha gran foliada e moita música!