As vacacións da Semana Santa xa están case aquí e con elas chegan os campamentos organizados polo Concello de Zas co fin de facilitar a conciliación laboral e familiar da nosa veciñanza. Estes talleres están dirixidos a rapazada de 3 a 12 anos.
Serán os días 14, 15 e 16 de abril e, como sempre, haberá dúas quendas; unha no Centro Sociocultural de Zas e outra no Centro Sociocultural de Baio. Nos dous casos o horario é de 10:00 a 14:00 horas.
Para participar é necesario anotarse previamente en calquera dos dous centros socioculturais a través dos números de teléfono 981 751 398 (Zas) ou no 981 718 056 (Baio). As inscricións son de balde.