Aberto o prazo de inscrición para participar na VIII Carreira Pedestre do Concello de Zas

05/23/2023

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na VIII Carreira Pedestre, organizada polo Concello de Zas, que se celebrará o vindeiro 3 de xuño á tarde e coa que se pretende fomentar o deporte e actividade física entre a nosa veciñanza. A proba está incluída dentro do Circuito Correndo pola Costa da Morte, promovida pola Deputación da Coruña.

As inscricións deben realizarse antes do 30 de maio ás 23:59 horas a través do enderezo www.correndopolacostadamorte.com. O custe da inscrición é de 8€ + 1€ de aluguer de chip; excepto nas categorías base que será de balde. 

Estas son as diferentes categorías e os horarios de saída:

  • 16:30 horas: Sub 10
  • 16:45 horas: Sub 12
  • 17:30 horas: 3K Absoluta Contra o Cancro 
  • 17:32 horas: 3K Sub 14, 16 e 18
  • 18:15 horas: 10k Absoluta
  • 19:30 horas: Pitufos
  • 19:45 horas: Entrega de trofeos

Ao igual que nas pasadas edicións, tanto o punto de saída como o de chegada estará situado na Praza do Concello. A de Zas está considerada como unha das carreiras “máis verdes” de todo o circuíto xa que os percorridos das diferentes probas atravesan zonas nas que domina a vexetación.