A nova praza de Baio pasará a chamarse de forma oficial “Praza Jorge Mira Pérez”

06/09/2022

 

A Corporación do Concello de Zas reunirase o sábado 18 de xuño ás 12:00 horas nun Pleno Extraordinario para aprobar o nome da nova praza de Baio que a partir dese momento pasará a chamarse de forma oficial “Praza Jorge Mira Pérez”.

Unha vez rematada a sesión plenaria, terá lugar na propia praza o acto de descubrimento da placa nun acto no que intervirán o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o propio Jorge Mira Pérez. A continuación visualizarase un breve vídeo sobre a transformación da zona e remataremos cuns pinchos para toda a veciñanza.

No pasado mes de xaneiro os dous grupos que forman a Corporación Municipal do Concello de Zas – o BNG e o PP – acordaron o nome da praza. A elección do nome está motivado polas cualidades humanas e polo exitoso currículo de Jorge Mira que, ademais de ser veciño de Baio, sempre presume da súa vila do seu concello nos múltiples actos institucionais nos que participa.

Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático en electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é investigador, divulgador cientifico, membro da Real Academia Galega e ten unha gran infinidade de destacados premios.