Despois destes dous anos de restricións nos que os máis novos demostraron a súa alta capacidade de adaptación, este sábado faremos unha gran Festa Infantil á que están convidados todos os nenos e nenas do noso municipio e coa que lle daremos o pistoletazo de saída á intensa programación de verán que temos preparada para os meses de xullo e agosto.
O Campo Municipal San Andrés e a Piscina Municipal de Zas serán os escenarios desta Festa Infantil que celebraremos entre as 16:00 e as 20:00 horas e na que haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma, obradoiros e moitas máis actividades. As previsións indican que nos acompañará o bo tempo así que para desfrutar da piscina é necesario traer bañador e chanclas. Coma sempre, a entrada é de balde.