A Corporación Municipal aproba unha declaración conxunta que rexeita a inclusión do Concello de Zas como Zona Vulnerable a Nitratos

03/29/2025

 

Os tres grupos que forman a Corporación Municipal aprobaron por unanimidade durante o Pleno Ordinario celebrado onte unha declaración conxunta na que se rexeita a proposta da declaración do Concello de Zas como Zona Vulnerable a Nitratos.

No pasado mes de febreiro, a Consellería de Medio Rural anunciou a proposta de incluír o noso municipio entre as zonas vulnerables a contaminación por nitratos presentes no purín. Esta é unha decisión que se toma en base ao mapa realizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.