Semana Cultural

Do 29 de xullo e o 4 de agosto

Semana Cultural 2018 Concello de Zas

Do 29 de xullo ao 4 de agosto celebramos unha nova edición da Semana Cultural que o Concello de Zas organiza ao redor da Festa da Carballeira. Así, durante seis días Zas foi un fervedoiro de actividades gratuítas para todos os públicos: exposicións, obradoiros, teatro, monólogos,… que culminaron coa XXXV Festa da Carballeira.

Pablo Díaz, Paco Nogueiras Marcos Pereiro, Luís Iglesia e o baiés Jorge Mira, entre outros referentes da cultura galega, trouxeron os seus traballos a Zas entre o 29 de xullo e o 4 de agosto. 

A maior parte das actividades desenvolveronse no Centro Sociocultural de Zas polo que éstefoi durante toda a semana un auténtico fervedoiro de actividade. As actividades que se realizaron polas mañáns estiveron dirixidas principalmente aos máis novos e entre elas destacaron algunhas como obradoiros de cociña, contacontos, espectáculos de humor e maxia e concertos musicais como “Tic, Tac Toc, Canta comigo” de Pablo Díaz ou “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras.

A actividade continuou polas tardes con distintas propostas para diferentes públicos como un curso de iniciación de percusión e baile tradicional, un taller de fotografía e outro de decoración con bastidores e máis obradoiros de cociña infantís. A actividade non cesou nin polas noites, xa que todos os días a partir das 21:30 horas haberá propostas moi atractivas para o público adulto tales como “Dura Lex”, un monólogo de Volta e Dalle Teatro; “Cómo ser un armario empotrado” con Marcos Pereiro; ou “Senior”, unha obra de teatro protagonizada por Marcos Orsi e Luís Iglesia.

 

 

Roteiros polo patrimonio arqueolóxico de Zas

Pero os dous pratos fortes da Semana Cultural foron os dous roteiros a través dos cales os participantes tiveron unha oportunidade única de afondar sobre a riqueza arqueolóxica do noso municipio. A primeira delas foi unha “Visita ao Patrimonio Arqueolóxico do Concello de Zas” que se realizou o martes 31 de xullo e na que os máis de 40 participantes visitaron lugares como Pedra Vixía, Arca da Piosa e a Ponte de Brandomil. Ao día seguinte, 1 de agosto, o físico Jorge Mira encargouse de guiar o roteiro “Unha ollada ao firmamento” no que se realizou unha observación astronómica dende a Arca da Piosa, ou tamén coñecida como a tumba do guerreiro Brandomil, na que participaron unhas 220 persoas. En calquera das dúas rutas se combinaron desprazamentos en autobús e pequenas camiñadas.

 

 

Festa da Carballeira

A programación da Semana Cultural pechouse cun dos eventos de maior identidade do noso concello: a Festa da Carballeira que nesta XXXV edición volviu máis folk ca nunca cun cartel no que estiveron Sés, Xabier Díaz, Astarot e grupos internacionais como Niamh Ní Charra, Fatty Farmers, Harmonica Creams ou Mànran, entre outros.

As entradas para o festival xa están á venta a través da páxina web www.festadacarballeira.com.

E co fin de que toda a veciñanza participe neste evento o Concello de Zas puxo a disposición de cada vivenda dúas invitacións para acceder de forma gratuíta ao festival.

 

Ligazóns

 

Descargas