Dende o pasado mes de xuño e ata o 7 de novembro recolléronse nos vinte colectores instalados en distintos puntos do noso municipio un total de 404 quilos de aceite usado. A correcta xestión deste residuo evitou a contaminación de 444.400 litros de auga, xa que é vertido que se soe tirar polo sumidoiro.
O Concello de Zas iniciou en xuño a instalación destes colectores e actualmente contamos cun total de vinte distribuidos por todas as parroquias do municipio. Calquera veciño ou veciña pode usar estes colectores e o único requisito é depositar o aceite doméstico usado en botellas de plástico recicladas e ben pechadas. Dende o Concello de Zas tamén se ofrece para os locais de hostalería un servizo de recollida porta a porta gratuíto.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, agradece a implicación da veciñanza na correcta xestión dos residuos e anima a que todas e todas usemos este novo servizo tan beneficioso para o noso medio.