O Centro Sociocultural de Baio acolle o 29 de outubro a xornada “As múltiples pegadas de Enrique Labarta Pose”

10/11/2022

 

“As múltiples pegadas de Enrique Labarta Pose” é o título das xornadas que terán lugar o vindeiro 29 de outubro no Centro Sociocultural de Baio. Esta é unha nova actividade organizada polo Concello de Zas coa que se pretende divulgar a vida e obra dun dos nosos escritores máis ilustres entre toda a veciñanza, en xeral, e tamén entre o profesorado da zona. Grazas á colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña da Xunta de Galicia a xornada está certificada con oito horas de formación.

Durante as xornadas, que comezas ás 10:00 horas, falarase sobre as distintas pegadas que deixou Enrique Labarta Pose. Este é o programa:

  • 10:00 horas: Inauguración
  • 10:30 horas: O contexto histórico na época de Enrique Labarta Pose. Xosé María Lema
  • 10:50 horas: Labarta como poeta social. Xosé María Rei Lema
  • 11:10 horas: A pegada de Labarta en Pontevedra. Milagros Bará Viñas
  • 11:30 horas: Pausa-café
  • 12:00 horas: A psicoloxía na obra de Enrique Labarta Pose. Ricardo García Mira
  • 12:20 horas: Unha ollada ao poema “A festa da patrona de Tabeirón”. Xosé María Varela
  • 12:40 horas: Coloquio moderado por Jorge Mira Pérez
  • 13:30 horas: Clausura

As xornadas continuarán pola tarde cun roteiro literario por diferentes espazos vinculados coa vida e obra de Labarta Pose. 

Inscricións

As inscricións xa están abertas polo que as persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/3rLgdwo ou tamén nos números de teléfono 981 751 398 e 981 718 056. Mentras que o profesado pode facelo entrando no sistema de xestión da formación do profesorado, FPROFE, da Xunta de Galicia.