Co fin de paliar o encarecemento da cesta da compra e da vida en xeral, o Goberno Municipal de Zas vén de anunciar unha notable rebaixa nos prezos das actividades deportivas, culturais e dixitais incluídas no Programa para este 2022/2023.
Así, o equipo de goberno liderado por Manuel Muíño, decidiu que todas aquelas actividades dirixidas á rapazada sexan de balde, tanto para os empadroados como para os non empadroados. Entre elas estás patinaxe, multideporte, fútbol, judo, balonmán, tenis de mesa, atletismo, tiro con arco, teatro infantil e xadrez.
Tamén terán unha reducción do 50% no prezo aquelas veciñas e veciños empadroadas no Concello de Zas que participen en calquera das propostas dirixidas ás persoas adultas do Programa de Actividades 2022/2023.