O Concello de Zas recibirá da segunda fase do POS+ Adicional 2/2022 outorgado pola Deputación da Coruña un total de 513.478,77€ que, tal e como sinalou hoxe o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, se destinarán á mellora da rede viaria e do saneamento do noso municipio.
No Pleno Ordinario da Corporación Municipal celebrado esta mañá aprobaronse por unanimidade os distintos proxectos contemplados en dito plan. A esta cantidade outorgada polo ente provincial hai que sumarlle outros 201,98€ que afrontará o Concello de Zas.
Estas son as actuacións previstas:
Estas son as actuacións previstas:
OBRA | IMPORTE |
Mellora de diferentes estradas de titularidade municipal nas parroquias de San Adrián, Meanos e Muíño* *Incluída na 1ª fase do POS+ Adicional | 370.859,74€ |
Adecuación do borde da estrada DP-9304 entre o núcleo urbano de Zas e o núcleo rural de Ventoselo | 122.639,72€ |
Mellora da pavimentación na Praza da Taberna de Zas | 88.896,80€ |
Rehabilitación da cuberta do edificio de Protección Civil | 70.447,47€ |
Mellora da rede de saneamento en Rial de Abaixo | 58.605,79€ |
Mellora da rede viaria en Vilaestevez, Carreira e Quintáns | 30.471,94 |
TOTAL | 513.478,77€ |