A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI regresa a Zas o 19 de setembro

09/05/2022

O próximo 19 de setembro, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional estará no edificio do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso concello así como doutros limítrofes. 

Os trámites poderanse realizar en horario de 09:00 a 12:30 horas. Os/as interesados/as poden pedir cita previa chamando ao  onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación. A entrega do documento será o 21 de setembro no mesmo horario e en calquera dos dous casos é necesario que se acuda a persoa solicitante.