O liño e a economía circular centran as xornadas que se realizan este sábado nas Torres do Allo e nas que xa hai inscritas máis de 150 persoas

07/20/2022

Máis de 150 persoas xa están inscritas na xornada “O liño. Economía Circular” que se celebran este sábado nas Torres do Allo e que están organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Asociación Amigos do Liño. Estas xornadas están abertas a toda a veciñanza e para asistir deben de anotarse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 718 056 ou 981 751 398.

Este é o programa: 

  • 19:00 horas: Recepción de asistentes e demostración en vivo sobre o proceso de elaboración do liño: tascado, rastrelado, fiado, ensarillado e debando
  • 19:30 horas: Conferencias:
  • Liño: artesanía, identidade e economía circular. Rosa María Sánchez Martínez
  • O futuro na volta ás orixes: Jorge Mira Pérez
  • O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural. Ricardo García Mira
  • O liño tradicionalmente contemporáneo. Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña
  • 20:30 horas: Desfile con 27 modelos da comarca e na que se presentará unha colección e roupa de liño con cores e flores acorde á contorna 
  • 21:00 horas: Concerto de Antía Muíño
  • 21:30 horas: Sorteo dun mantel de liño e dun paquete composto de bolso e bufanda combinados
  • 21:35 horas: Degustación de troita rebozada, bocadiños de bacallau, empanadillas, tortilla, pan de liño, papas de arroz e bebidas varias
  • Exposición de traballos feitos con trapos, fíos de lá e fíos de liño reciclados

A xornalista Mónica Martínez será a encargada de presentar as xornadas que forman parte do programa cultural posto en marcha pola área de Cultura do Concello de Zas para estes meses de verán.