Este domingo abren as piscinas municipais de Zas e de Baio

06/30/2022

 

As piscinas municipais de Zas e de Baio abren este domingo as súas portas cun aspecto renovado despois das obras de mellora que se realizaron recentemente nas dúas instalacións.

Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles usuarios e usuarias que desexen facer uso das piscinas durante a campaña de verán e que se pode tramitar no Rexistro do Concello de Zas. O custe da inscrición é de 9 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos, e de 12 euros para os maiores de 14 anos. As citadas cantidades inclúen o uso das piscinas durante toda a tempada. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores.

Todas aquelas persoas que non dispoñan do carné da piscina poden facer igualmente uso das instalacións e poderán elixir calquera das seguintes cuotas:

  • Entrada diaria: 0,60€
  • Abono semanal: 3,00€
  • Abono quincenal: 6,00€
  • Abono mensual: 9,00€

Os menores de 14 anos e os posuidores do Carné Xove aplicaráselle un desconto do 50% sobre os prezos anteriormente sinalados. 

Ademáis, durante os meses de xullo e agosto o Concello de Zas oferta diferentes cursos de natación gratuítos e para todas as idades.