O Concello de Zas aproba o maior orzamento da súa historia que ascende a 5.353.880,06€

06/01/2022
 

A Corporación Municipal do Concello de Zas aprobou esta mañá o orzamento para o 2022, o maior da súa historia, nun Pleno Extraordinario que comezou cun minuto de silencio en sinal de repulsa polas agresións machistas. 

O equipo de Goberno do BNG, encabezado por Manuel Muíño Espasandín, contará para este 2022 con 5.353.880,06€. “A situación derivada da COVID19 fixo que estivéramos dous anos cuns orzamentos subrrogados e hoxe presentamos aquí un presuposto expansivo para o presente ano que se pode sacar adiante grazas ao bo estado económico das arcas municipiais”, manifestou o Alcalde de Zas. No orzamento para o 2022 contémplanse actuacións importantes para a veciñanza tales como as reformas nos Centros de Saúde de Zas e de Baio así como a ampliación da Escola Infantil. Coincide que calquera destes tres edificios públicos son de titularidade da Xunta de Galicia e que “se mellorarán con fondos municipais coa axuda da Xunta cando o normal é que fose ao revés”, sinalou Muíño. As políticas sociais tamén ocupan un lugar destacado nestes orzamentos e o Concello de Zas destinará máis de 876.000 euros ao Servizo de Axuda no Fogar. 

Nos orzamentos para o 2022 hai un lixeiro descenso no gasto de persoal, correspondente ao capítulo 1, e que representa o 18,7% do presuposto. Ao capítulo 2, relativo aos gastos correntes de bens e servizos, destínanse 3.002.868,40€, que supón algo máis do 56% dos orzamentos. Nesta partida contémplanse gastos derivados da xestión do lixo, o alumeado público, o mantemento das instalacións públicas, entre outros.

Cabe destacar tamén o capítulo 6, relativo aos investimentos reais, que representa o 22,30% dos orzamentos e que se traduce en 1.194.035,00€. A esta cifra haberá que sumarlle 1.392.443€ que proveñen de proxectos do ano anterior que, nalgúns casos, están sen executar así como os 513.647,80€ procedentes do POS da Deputación da Coruña. Con estas cifras, o capítulo de inversións reais suma 2.586.478€ e representa o 48% dos orzamentos para o 2022. Estas son algunhas das principais obras que se contemplan no orzamento do 2022:

  • Reforma do Centro de Saúde de Zas (48.464,13€)
  • Reforma do Centro de Saúde de Baio (131.723,02€)
  • Reforma da Escola Infantil de Zas (96.800€)
  • MCR regos asfálticos en Meanos, Muíño e Brandomil (131.087,04€)
  • MCR regos asfálticos en Gándara, Loroño e Vilar (128.154,97€)
  • MCR mezcla bituminos en Baio e Vilar (32.497,32€)
  • MCR mezcla bituminosa en San Cremenzo e Fornelos (60.828,03€)
  • MCR con zahorra en diferentes viais municipais de Fornelos (42.090,09€)

No seguinte cadro detállanse os principais eixos do orzamento de gastos e ingresos para o 2022: 

ESTADO DE GASTOS

CapítuloDenominaciónOrzamento 2019Orzamento 2022
Importe%Importe%
A. Operacións non financieiras4.175.518,1099,76 %5.343.603,2899,81%
A.1Operacións correntes3.108.673,0874,27%4.149.845,0677,51%
1Gastos de persoal898.865,2921,48%1.005.118,6918,77%
2G. corr en bs e serv2.109.794,7650,41%3.002.868,4056,09%
3G. financieiros3.000,000,07%3.000,000,06%
4Transf. Corr97.013,032,32%138.857,972,59%
A.2Operacións de capital1.066.845,0225,49%1.194.035,0022,30%
6Inversión reais1.066.845,0225,49%1.194.035,00

+1.392.443 **

22,30%
7Transf. De capital0,000,00%0,000,00%
B. Operacións financieiras10.000,000,24%10.000,000,19%
8Activos financieiros10.000,000,24%10.000,000,19%
9Pasivos financieros0,000,00%0,000,00%
TOTAL4.185.518,10100%5.353.880,06100%

 

** Proxectos para incorporar  ano anterior e 5136478 do POS adicional. Total 2586478€ que supón o 48% do orzamento para o 2022

*O orzamento incrementarase en 1.392.443€, tanto no apartado de ingresos coma de gastos

ESTADO DE INGRESOS

CapítuloDenominaciónOrzamento 2018Orzamento 2022
Importe%Importe%
A. Operacións non financieiras4.175.518,1099,76%5.343.603,2899,81%
A.1Operacións correntes3.716.737,9688,80%4.810.231,7589,85%
1Impostos directos960.478,6622,95%1.077.110,3820,12%
2Impostos indirectos430.000,0010,27%940.698,3317,57%
3Taxas, pr públ e outros 303.446,197,25 %438.147,578,18%
4Transf. Corr1.972.813,1147,13%2.304.275,4743,04%
5Ingresos patrimoniais50.000,001,19%50.000,000,93%
A.2Operacións de capital458.780,1410,96%533.648,319,96%
6Enaxenac. inversión0,000,00%0,000,00%
7Transf. De capital458.780,1410,96%533.648,319,96%
B. Operacións financieiras10.000,0010.000,0010.000,000,19%
8Activos financieiros10.000,000,24%10.000,000,19%
9Pasivos financieros0,000,00%0,000,00%
TOTAL4.185.518,10100%5.353.880,06100%