Reciben o seu diploma os 62 alumnos e alumnas que participaron na 4ª edición do programa de Formación Universitaria para mariores de 50 anos da Costa da Morte

03/31/2022

O programa universitario para persoas maiores de 50 anos da UDC pechou esta tarde a 4ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que desenvolveu en no Centro Sociocultural de Baio con máis de 60 participantes, realizado en cooperación co GDR “Costa da Morte” e coa financiación da Xunta de Galicia. 

O acto de clausura do Programa de Formación Universitaria para Maiores contou coa presencia da Adxunta á Dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo; e de Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte”. 

O acto de entrega dos diplomas aos 62 alumnos e alumnas da Costa da Morte que remataron o programa formativo, será precedido dunha sesión especial coa conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”, a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez. 

Con este programa, a Universidade Sénior da Universidade da Coruña achegouse un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respondendo as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde a súa primeira edición no ano 2018.