QUE VER
Pedra Vixía
Entre a cantidade de carreiros e lugares singulares para visitar na Costa da Morte, escollemos unha pequena ruta que une a carballeira de Baio coa Pedra Vixía.
A ruta comeza en Baio. Para chegar á carballeira hai que situarse na oficina de correos ubicada no centro da vila. Desde alí, e orientados cara ao río, hai que tomar un desvío situado á esquerda.
Seguindo este camiño, acádase unha bifurcación cun pequeno parque infantil. Hai que coller o camiño da esquerda de nuevo. Tras camiñar durante un anaco por un carreiro de terra, xa é posible divisar a carballeira. O acceso a esta finca ten que facerse a pé, xa que na súa entrada hai unha pequena reixa.
Esta fraga de carballos centenarios é un exemplo da masa boscosa propia de Galicia. Este bosque de carballos ten tantos anos que as súas árbores teñen os talos revirados, o que lle da un aire misterioso ao lugar.
A ruta continúa pola beira do río Grande –que debemos deixar á nosa man dereita–. Ao longo do leito existen numerosos remansos de pedra nos que parar e desfrutar do encanto da zona. Siguindo esta senda, encontraremos unha estrada que conduce ata o instituto de ensinanza secundaria da localidade. Ao chegar ao instituto, hai que seguir por un tramo de estrada asfaltada que leva ata o campo de fútbol. Nos arredores, e integrado no río, hai un vello muíño que segue en funcionamento.
Seguindo pola pista de asfalto chégase ata a estrada comarcal que une Baio e Zas. Hai que seguir á dereita e cruzar o río Grande. Unha vez que pasemos o concesionario, hai que meterse na primeira pista á dereita, á altura do paso de peóns.
Aquí chegamos á área recreativa de Pedra Vixía, que ocupa o emprazamento dun antigo serradoiro dos anos 50.
O último tramo desta ruta discorre pola marxe esquerda do río. Seguindo un camiño estreito, chegaremos a unha presa de pedra que provoca un salto de auga. Cruzamos o paso de madeira e seguindo de frente por camiños de pescadores hai que pasar por varios muíños ata chegar aos restos pétreos que forman o dolmen –apenas recoñecible—de A Pedra Vixía.
Desde aquí hai que coller o camiño de volta á comarcal Baio-Zas para chegar ao punto de saída.