Inicio » Que ver » Torres do Allo

Torres do Allo

Torres do Allo

O Pazo das Torres do Allo é un dos pazos máis antigos de Galicia e un dos mellores exemplos da vida nobiliar da alta idade media. Foron erguidas pola familia Gomes de Rioboo, que procedían da veciña Torre da Penela, en Silvarredonda (Cabana de Bergantiños). Estes eran vasalos dos poderosos Condes de Altamira. Debido ao casamento de Berenguela Sánchez de Altamira con Gomes de Rioboo Vilardefrancos constrúese o pazo para que o desfruten os seus descendentes. Suponse que Gomes posuía un castelo nas Terras de Allo e o casamento cunha Altamira sería en recoñecemento dalgún favor entre ambas familias.

O primeiro señor de Allo sería o fillo da parella, chamado Alonso Gomes de Rioboo Vilardefrancos, que naciu en 1460. Este medrou entre as revoltas Irmandiñas que acabarían con case todas as fortalezas de Galicia, incluso coa que existiría aquí, nas Terras de Allo. Despois das revoltas Irmandiñas o poder nobiliar empezou a cambiar de modo de vida e pasou a habitar pazos e grandes casas señoriais, en detrimento dos castelos e fortalezas. O novo Señor de Allo sería quén habitara primeiro as Torres. Por este motivo poderíamos estar ante o pazo máis antigo de Galicia, xa que a súa antigüidade remóntase a finais do século XV.

O nome de Allo podería estar relacionado coa palabra “ayo” que se refire a unha persoa ao servizo dun gran nobre, como o eran os Rioboo. Outros din que o topónimo podería vir da palabra latina “angelus” ao referirse a unha curva ou meandro que o Río Grande fai nesta zona e delimita estas terras.

A pesares das dúas torres actuais, na súa orixe era só unha, a da dereita se miramos de frente (Torre Viexa). As súas orixes datan posiblemente dos primeiros anos do século XVI. Un poco máis tarde construíuse un corpo máis grande e a torre sur. O edificio construíuse sobre unha vella casa forte señorial e conviviu con partes desta. É posible que os restos desta edificación serviran para dar acubillo á servidume.

Nos séculos posteriores a familia pasa a obter unha maior riqueza e poder, a causa de herencias ou a unións familiares, como a de Antonio de Rioboo e María de Seixas, propietaria do Pazo de Cabanas, nas ribeiras do Eume. Esta unión matrimonial provoca que o pazo se convirta en vivenda ocasional, debido á posesión do novo Pazo de Cabanas. O fillo destes, Gomes de Rioboo Seixas Vilardefrancos, sería quén construíra a “Torre Nueba” e outras dependencias do pazo, como un hórreo, muílos, valados e diversas casas para os criados. É posible tamén que mandara construír a Fonte de San Ramón, que se sitúa diante dos hórreos. Todo esto aconteceu durante os anos 1669 e 1689.

Xa no século XVIII faríase o xardín que hoxe xa non existe e que tan só nos quedou algunha vella árbore.

Os fornos de pedra que se atopan no edificio intermedio proveñen xa dos séculos XIX e XX.

Unha das máis famosas personaxes que habitou no Pazo fue o naturalista galego Víctor López de Seoane, quén casou (1869) coa viúva de Nicolás María Rui-Gomes Rioboo, primeira muller que herdou o pazo. Crese que foi Víctor López quén plantou os plátanos e os carballos que flanquean o camiño de entrada ao pazo. No século XX só habitarían o pazo a servidume ata o ano 1950 no que é abandonado para entrar nunha etapa de decadencia. Non sería ata o ano 1998 cando a Deputación da Coruña chega a un acordo coa familia propietaria (López-Rioboo), para a súa compra e posterior creación dun proxecto social. Así hoxe aloxa o Centro de Información e Recursos Patrimoniais. O edificio é hoxe un museo que alberga utensilios propios da época así como un conxunto de artigos relacionados coa artesanía e etnocultura da bisbarra.

De admirar son os motivos ornamentais que decoran a fachada, como os escudos, arcos, balcóns ou as gárgolas.

A uns cen metros ubícase a igrexa do pazo coñecida como San Pedro do Allo.
Un gran exemplo de reconstrucción dun edificio histórico para a admiración e o desfrute de todos.

A visita es gratuíta.

TEMPADA BAIXA
Do 15 de setembro ao 15 de xuño (salvo Semana Santa)
Aberto os SÁBADOS, DOMINGOS e FESTIVOS de 11:00 a 19:00 horas.

SEMANA SANTA
Do 9 de abril ao 17 de abril
Aberto estas datas de 11:00 a 20:00 horas

TEMPADA ALTA
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Aberto de LUNS a VENRES de 11:00 a 20:00 horas, e SÁBADOS e DOMINGOS de 11:00 a 21:00 horas.

Torres do Allo permanecerá pechado os días 1 e 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro.

 

Teléfono de contacto: 655 716 743.

Páxina web: www.torresdoallo.gal