Un ano máis, o goberno municipal de Zas vén de convocar as axudas o estudo para o curso escolar 2024-2025; unha iniciativa posta en marcha polo equipo do BNG de Zas dende hai máis de doce anos.
Dende mañá, e durante dez días hábiles, toda a veciñanza que cumpra os requisitos podo tratimtar as axudas ás que se destinarán 29.100€ dos fondos municipais e que se repartirán en 180 bolsas cuxo importe oscila entre os 120 e os 360€ en función dos estudos e dunha serie de baremos.
Entre os requisitos para acceder a estas axudas figuran que toda a unidade familiar debe de estar empadroada no Concello de Zas e que as persoas beneficiarias deberán estar matriculadas no presente curso escolar nas seguintes etapas e niveis educativos:
- Ensinanza Primaria
- ESO, FP Básica, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
- Universidade (agás Masters e Estudos de Posgrao)
As bases da convocatoria poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Zas, a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20241023093012457_ANEXO_1729668612-0.pdf
Presentación das solicitudes
As solicitudes poderán presentarse dende mañá ata o 7 de novembro (ambos incluídos) e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas ou no Rexistro Xeral do Concello de Zas.
Segundo indica Manuel Muíño, Alcalde de Zas, estas axudas teñen como obxectivo colaborar coas familias do noso municipio que máis o necesiten para afrontar os gastos derivados do curso escolar e garantir así o principio de igualdade no dereito á educación.