Esta mañá tivo lugar nas Torres do Allo a entrega dos premios da campaña comercial “Este Nadal merca en Baio”, impulsada polo Concello de Zas. En total repartíronse 2.000€ en premios repartidos en cheques de 200€ que se poderán canxear ata o 29 de febreiro en calquera dos establementos do Concello de Zas (comercios, hostalería, clínicas,…).
Estas foron as persoas que resultaron gañadoras:
- Sheila Regueira, de Olveira (Dumbría)
- Mª Victoria Rey, de San Martiño de Meanos (Zas)
- Mª Virtudes López, de Mira (Zas)
- Isaura Mira, de Nantón (Cabana)
- Beatriz Mato, de O Couto (Ponteceso)
- María Cernadas, de Pasarela (Vimianzo)
- Ana Vázquez De La Fuente, de Baio (Zas)
- Ángel Lema, de Pazos de Tines (Vimianzo)
- Lucían Miranda, de Baio (Zas)
- Francisco Ramos, de Carballo
Ao acto asistiron representantes dos comercios de Baio e tamén membros do equipo do Goberno do Concello de Zas. O Alcalde, Manuel Muíño, aproveitou a ocasión para darlle os parabéns e tamén para agradecer a todas as persoas que participaron na campaña e apostaron polo comercio local para as súas compras de Nadal.