O Concello de Zas conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cun completo programa de actividades que se desenvolverán en novembro e decembro

11/11/2023

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro, o Concello de Zas, a través do Centro de Información á Muller – CIM -, vén de deseñar un programa de actividades para concienciar á veciñanza sobre esta problemática fadendo un especial fincapé na poboación máis nova; polo que a maior parte das actividades se desenvolverán nos tres centros de ensino do noso municipio

Estas son as actividades:

  • 13 de novembro: “A noite”, contacontos Infantil de Trinke Trinke Teatro na Axencia de Lectura de Baio (18:00 horas). Dirixido ao público infantil e familiar
  • 14 de novembro: “A noite”, contacontos Infantil de Trinke Trinke Teatro na Biblioteca Municipal de Zas (18:00 horas). Dirixido ao público infantil e familiar
  • 17 de novembro: Obradoiro de “Stop Motion”, IES Maximino Romero de Lema
  • 23 de novembro: “Caravana morada na escola”, CPI de Zas
  • 24 de novembro: “Caravana morada na escola”, CEIP Labarta Pose 
  • 25 de novembro: “Golpes”, de A Antena Teatro. As 20:30 horas no Auditorio de Baio. Dirixido ao público adulto
  • 30 de novembro: “Caravana morada na escola”, IES Maximino Romero de Lema
  • 2 de decembro: “Testosterona”, de Malasombra Teatro as 20:30 horas no Auditorio de Zas. Dirixida ao público adulto
  • 13 de decembro: Obradoiro de “Violencia de xénero no novo contexto dixital”, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Labarta Pose
  • A psicóloga do CIM do Concello de Zas impartirá un obradoiro sobre o “Autocoidado e relaxación para reducir a ansiedade” dirixido ao público adulto. Para participar é necesario anotarse no 981 70 83 03

“Este programa con actividades diversas ten como obxectivo promover a igualdade así como prever e detectar calquera tipo de violencia de xénero”, sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño.