Volve a campaña do “Punto Rojo” con 1.000€ en premios, descontos, pinchos, animación,… e moito máis!

08/11/2023

A próxima de semana chega a Baio unha nova edición do “Punto Rojo”. A campaña desenvolverase dende o venres ata o domingo (18, 19 e 20 de agosto) e nela participan máis de 50 establecementos comerciais e hostaleiros.

Durante estes tres días os comercios locais terán unha rebaixas aínda moito máis rebaixadas, tapas e pratos especiais nos locais de hostalería, haberá postos de artesanía na rúa e animación, inchables e actividades infantís, talla con motosierra,… e tamén un tren turístico percorrendo as rúas. Ademais todas as compras realizadas nos locais participantes entrarán nun sorteo de 1.000€ en vales de 200€.

O Concello de Zas encargase da organización deste evento co que se pretende fomentar o comercio local e o consumo de proximidade. Tal e como sinala o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Concello asume a organización e os costes deste evento ante a falta dunha directiva na Asociación de Empresarios Comarca de Soneira.