Campamentos, concertos, deporte, vistas guiadas,… todo esto e moito máis na programación deste verán

06/23/2023

 

O Concello de Zas vén de preparar a través da súa área de Cultura un completo programa de ocio e tempo libre cargado de actividades culturais e deportivas para diferentes públicos e idades que se realizarán ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro en distintas localizacións do noso municipio. Debullámolas todas a continuación:

Campamentos e outras actividades infantís

Coma sempre, os máis novos son un dos públicos protagonistas desta programación e para eles temos preparadas unha gran cantidade de actividades:

  • Festa Infantil: o 1 de xullo á tarde celebramos nas inmediacións do campo de fútbol e da piscina municipal de Zas a tradicional festa infantil na que haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma,… Esta é unha actividade gratuita dirixida a nenos e nenas de todas as idades do noso municipio
  • Campamentos de verán nas Torres do Allo: este luns empezan as diferentes quendas dos campamentos de verán que realizaremos nas Torres do Allo nas que foi necesario ampliar o número de participantes por quenda debido á alta demanda
  • DéporCampus: do 17 ao 21 xullo volve ao Campo Municipal Platas Reinoso de Baio unha nova edición do DéporCampus dirixida á rapazada de entre 6 e 14 anos
  • Excursión ao Aquapark de Cerceda: o 21 de agosto viaxeremos ata o Aquapark de Cerceda. Poderán ir todos e todas os/as nacidos/as entre o 2005 e o 2014
  • Campamento no camping Os Fieitás en O Grove: os días 23, 24 e 25 de agosto participaremos nun campamento no que realizaremos diferentes actividades acuáticas e de aventura no medio natural, escalada, tirolina, bodyboard,… Nel pode participar os/as nacidos/as entre o 2008 e o 2014 e ten un custo de 75€ para os empadroados e de 150€ para os non empadroados. As inscricións rematan o 7 de xullo

Visitas guiadas e teatralizadas

  • Visitas guiadas ao Brandomil Romano: todos os venres do mes de xullo faremos unha visita guiada á ponte vella de Brandomil e ao xacemento romano. Será ás 12:00 horas e para participar é necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056
  • Torres do Allo: Os domingos de xullo, agosto e o 3 e 10 de setembro ás 19:30 horas teremos unha visita teatralizada nas Torres do Allo que vén da man de Os Quinquilláns

Deportes

  • Cursos de natación para todas as idades nas piscinas municipais de Zas e de Baio
  • Trail Nocturno Cova do Lobo: sábado, 19 de agosto, a partir das 20:00 horas con distintas probas: pequetrail, trail e andaina
  • Campamentos Multideportes: nos que os participantes realizarán diferentes actividades deportivas e que están dirixidos aos nacidos e nacidas entre o 2010 e o 2017. Haberá dúas quendas; unha do 3 ao 7 de xullo no polideportivo de Baio, e outra do 10 ao 14 de xullo no polideportivo de Zas

Teatro

  • Clausura da Escola Municipal de Teatro de Adultos: O venres 7  de xullo ás 21:30 horas o Auditorio de Baio acolle a clausura da Escola Municipal de Teatro de Adultos
  • “A gárgala no rural. Un mundo de música, arte, teatro e tradición”: A Xanela do Maxín ofreceranos o sábado 8 de xullo ás 19:00 horas nas Torres do Allo este espectáculo 

Música, contos e circo

  • As Torres do Allo acollerán o 14 de xullo ás 20:00 horas un concerto musical ofrecido por Tania Caamaño e Andrés Boutureira dirixido ao público xeral e familiar
  • Habela Hainas daranos o 22 de xullo ás 22:00 horas un concerto na contorna da Ponte de Brandomil
  • “Malabarabilidades” é o nome do espectáculo de circo que nos ofrecerá Fran Boza o 5 de agosto ás 20:00 horas en Fornelos
  • O sábado 19 de agosto, ás 20:00 horas, María da Pontragha traeranos os seus contos ás Torres do Allo
  • Caxoto ofreceranos un espectáculo de contos para o público familia o venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas nas Torres do Allo

Máis actividades

  • Scape Room nas Torres do Allo. Público adulto
  • Con motivo da 38ª Festa da Carballeira de Zas celebraremos unha intensa Semana Cultural con actividades para todos os veciños e veciña
  • Mercado de San Ramón: Como vén sendo habitual nos últimos anos, pecharemos a programación do verán co tradicional mercado de San Ramón que celebraremos o 31 de agosto nas Torres do Allo. Contaremos cun mercado de artesanía, obradoiros, sesión vermú con Ailá e música infantil da man de Paco Nogueiras