O próximo mércores, 28 de xuño, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional estará na Casa do Concello de Zas para tramitar ata un total de 70 solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso municipio así como doutros da zona.
Os trámites poden realizarse en horario de 09:00 a 12:30 horas e as persoas interesadas deberán pedir cita previamente no 981 70 83 03.
A entrega do documento será o 30 de xuño e deberá recollelo a persoa solicitante.